Faite Merlego Celeste! Aberto prazo de inscripción.


E.... COMO TE PODES FACER?

Pois é moi sinxelo, podes facernos unha visita pola nosa sede, a Cervexería Merlego que está na rúa Angustia nº 22 en Santiago de Compostela ou ben nos remites un email ao enderezo merlegoscelestes2012@gmail.com.

E..... QUE DATOS NOS TES QUE DAR?

Pois os datos que hai que dar son:

Nome e apelidos.
Enderezo (domicilio habitual).
Nº teléfono.
DNI.
Enderezo de correo electrónico.
Socio do R.C. Celta de Vigo. _Non_Si (Nº DE ABONADO)

E...... QUE É ESO DE SER MERLEGO CELESTE?

Pois ben, ser Merlego Celeste e integrarse nunha peña celtista que VIVE O CELTISMO E O CELTA, e sobre todo que DISFRUTA CO/DO CELTA.
Pódeste facer SOCI@ ou AMIG@ da peña. Este ano fixemos esa pequena diferencia xa que hai persoas que non desexan  ser soci@s pero que tamén queren disfrutar connosco das vivencias celtistas da Peña, entón decidimos crear o carnet Amig@.

O carnet de soci@ dache dereito a participar nas viaxes que realicemos para seguir ao Celta de Vigo a un precio especial, posibilidad de asistir ao palco de Balaidos, Visitas ao Museo do Celta, Participar no día das Peñas Celtistas, 1 bufanda da peña que faremos ao longo da tempada (Estamos pendientes do diseño) e a moitas máis cousas que iran saindo ao longo da tempada.

O carnet de Amig@ dache dereito a participar no sorteo de merchandasing do Celta de Vigo, descontos para poder participar nas actividades que fagan os soci@s, e coma NOVIDADE en todolos encontros que xogue o Celta en Balaidos, sortearemos 2 pases entre todolos Amig@s para poder ir a velo partido e moitas más cousas que sairan tamen ao longo da tempada.

E.... CANTO CUSTA SER SOCI@ OU AMIG@?

Pois son precios moi populares.

SOCI@ MENOR DE 18 ANOS: 10 € AO ANO
                       
SOCI@ A PARTIR DE 18 ANOS: 20 € AO ANO

AMIG@ A PARTIR  DE 18 ANOS: 5 € AO ANO

E.... HASTA CANDO SE PODE INSCRIBIR?

En principio e debido a razóns de organización,o prazo para facerse Soci@ e hasta o 15 de setembro de 2012 e para facerse Amig@ non hai prazo límite.

Se tes algunha dúbida ou desexas dar algunha idea non dubides en porte en contacto connosco e comentárnola.