Carta do noso Presidente

Estimad@s soci@s:

    Trala xuntanza do sábado dia 25 de agosto de 2012, na que nos reunimos todos aqueles soci@s que puidemos asistir, teño que agradecervos a vosa presenza.
   
    Gustariame que de agora en diante estivesedes atent@s a tódalas comunicacións (e-mail, facebook, twiter blog, etc) para que poida haber unha comunicación sinxela e fluida e así poder asistir o máximo número de soci@s aos próximos eventos que se organicen dentro do ámbito da Peña  .

    Cerca da metade asistimos a estes "Pintxos de Confraternidade", un número que, tendo en conta que coincideu coa época estival, foi máis que aceptable.

    Esperado que en vindeiras reunións, festas ou celebración poidamos aumentar a vosa presenza e sexa unha tempada chea de éxitos; déspidome de vós cunha forte aperta.

O voso Presidente:
Miguel Barja





Ningún comentario:

Publicar un comentario