Novas equipacións do Celta de Vigo

A falta de 20 dias para o comenzo da tempada xa chegaron as novas equipacións que vestirá o Celta de Vigo na tempada que comenzará o vindeiro 19 de agosto.

Xa chegaron...
O mais salientable e polo que máis impaciencia levan mostrado os siareir@s, é a nova camisola da primeira equipación, a cal levará inscrita os nomes dos soci@s da pasada campaña.

Read more ...

Trofeo cidade de Vigo 2012 Celta vs Atlético de Madrid

Presentacion do Celta de Vigo en Balaidos ante o Atletico de Madrid no Trofeo Cidade deVigo. Partido de presentación ante a afección . Botouse en falla mais siareiros tanto en Tribuna coma en Preferente pero xa se sabe, as vacacións...... eso si, Marcador, estaba completo e sobre todo con ganas de festa.

Do partido, a verdade, hai pouco que contar. Un siareiro defineuno desta maneira "Se o estou vendo pola televisión, cambio de canal....", creo que con esa frase xa o dixo todo. A verdade e que por moito que se empeñe a prensa en decir que todo marcha ben, o partido foi deses que invita a botar unha siesta. O Atletico a verdade e que debeu de vir a Vigo a comer marisco, porque o que se di xogar...... pois coma que non xogou moito, eso si leña deron unha pouca e alguns dos xogadores do Celta vaille o barullo algo do que se teñen que afastar porque durante a liga, os cartons voan e pprovocan que o seguinte partido o vexas desde a casa co daño que lle fas ao equipo. Polo demáis ganou o Celta 1-0, gol de Mario Bermejo a quince minutos do final, despois de que o Celta fixera un cambio de media ducia de homes e cun Atletico de Madrid que deambulaba polo campo.

    



    
Vas ti ou vou eu? / Aqui non pasa ninguén.
FUTBOL OU BALONCESTO?...
Estou aqui eh......¡¡¡¡¡¡¡


Read more ...

Celta - Atlético de Madrid


Celta vs Atletico de Madrid será o partido co que o Celta se presentará ante os seus afeccionados o próximo mércores dia 25 de Xullo ás 20:30 horas.
Read more ...

Un Celta de 60 minutos........

 3-0

Eso foi o que se veu hoxe frente ao Oporto. Está ben decir que o Oporto é o Campeón da liga portuguesa, que ten xogadores como Maicon que fixo o segundo gol froito dun disparo impresionante o cal Sergio ainda se estaá a preguntar como lle entrou, pero non se pode permitir xogadas coma a do terceiro gol. Os últimos trinta minutos do Celta, cun equipo totalmente renovado no descanso son sencillamente para levantarse e marcharse xa que ainda que se vaia a xogar unha pachanga hay que loitar hasta o ultimo momento sobre todo por respecto aos espectadores. Quédalle moita rodaxe a éste Celta que na primeira parte se defendeu coma gato panza arriba dos ataques dos portugueses pero non foi quen de manter ese espíritu loitador hasta o final.  Unha Mágoa.

Esperemos que o proximo dia 25 frente ao Atlético de Madrid se manteña unha intensidade de partido hasta o minuto noventa e nos fagan disfrutar de bo futbol.
Read more ...

Calendarios Tempada 2012/2013

E si este ano nos clasificamos para a...


Read more ...

O GRAN DIA

E chegou........ O GRAN DIA.

Xogamos co Cordoba un encontro que deu moito que falar xa que de antemá tod@s sabiamos o resultado. Empate, e tod@s contentos.

Foi un partido que pasará sen pena nin gloria xa que futbol haber non houbo. Foron 90 minutos para sobre todo disfrutar vendo a ledicia nas caras dos siareir@s esperando a que o arbitro pitase o final.

As 21:25 do dia 03/06/2012 o arbitro pitaba o final en Balaidos e o Celta de Vigo voltaba a 1ª Division.

Do resto, só as imaxes e os videos poden dar fé................




    

    

A policía uniuse á nosa festa.
O prometido era débeda, cervexa para tod@s.



Read more ...

A un paso do ascenso

Se hai un partido que nos puxo a tod@s con máis esperanzas no ascenso, ese foi o derbi que xogou o Celta con Deportivo o 15 de abril de 2012 en Balaidos.

Ese encontro fíxonos ver  que o Celtiña estaba ben arroupado polos seus siareiros e que pese as dificultades, nunca camiñaria só.

A partir de ahí foi unha marcha atras cara o ascenso, dia tras dia comentario tras comentario, partido tras partido, facendo números, partidos que poderia gañar, empatar ou perder e sobre todo facendo contas dos puntos que o Valladolid poidera facer, xa que a empate de puntos, o Celta estaria por diante na clasificación.

Na penúltima xornada o Valladolid empatou contra todo pronóstico frente ao Alcorcón poñéndonos a falta dunha xornada con dous puntos de avantaxe.

Estaba o ascenso a TIRO DE PEDRA......
Read more ...

Camiño do ascenso

Dende principios da tempada 2011/2012 o ascenso a 1ª división do Celta de Vigo foi un dos soños da peña. Froito desa ilusión foi unha forte aposta que se fixo e que era que si se lograba o ascenso, a Cervexeria Merlego convidaria a todos os asistentes no partido que o Celta de Vigo conquerise o ascenso a cerveixa hasta que se esgotaran os barrís.


Nin que decir ten que dita aposta foi obxeto de todo tipo de bromas e comentarios tanto por parte dos clientes da cervexeria como por parte de afeccionados aos cales lles chegaba aos seus oidos dita nova e que non daban crédito a tal aposta.

Read more ...

Historia da peña


A peña Merlegos Celestes nace en setembro do 2010 froito da xuntanza dun grupo de moz@s simpatizantes do Celta de Vigo que viñan a ver os partidos á Cervexeria Merlego sita no nº 22 da compostelana rúa da Angustia.

Co tempo ditas xuntanzas decidíronse formalizar e con elo crear a Peña MERLEGOS CELESTES sendo rexistrada no rexistro xeral con data 5 de abril do 2011 pasando a formar parte da Federación de Peñas do Celta de Vigo en Febreiro do 2012.


O 6 de Marzo do 2012 foi o Gran Dia da Peña xa que nesa data tivo lugar a INAUGURACIÓN OFICIAL da peña, no local social da mesma, asistindo por parte dO Real Club Celta de Vigo o Delegado do clube Vlado Gudel e os xogadores Sergio, Alex e Toni.






Read more ...