Campaña de socios 2015/2016

    Xa sabemos que estabades agardando impacientes, pois xa podedes renovar ou darvos de alta como socios de Merlegos.

    As cotas, as de sempre, 20€ adultos, 10€ menores e de balde os nenos de 6 anos ou menos.

    As vantaxes, bus a Balaídos, viaxes a partidos fóra da casa con descontos para os Merlegos, descontos no material da peña e moitas outras cousas que imos argallando ao longo do ano.

    Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto connosco polos seguintes medios:
    Para facer a vosa inscrición podedes pasar polo Merlego (Rúa da Angustia 22, Santiago de Compostela) ou ben cubrir o seguinte formulario online e facernos chegar o xustificante bancario do ingreso ou transferencia. Non olvidedes poñer o voso nome no concepto. 


Read more ...