Campaña de socios 2015/2016

    Xa sabemos que estabades agardando impacientes, pois xa podedes renovar ou darvos de alta como socios de Merlegos.

    As cotas, as de sempre, 20€ adultos, 10€ menores e de balde os nenos de 6 anos ou menos.

    As vantaxes, bus a Balaídos, viaxes a partidos fóra da casa con descontos para os Merlegos, descontos no material da peña e moitas outras cousas que imos argallando ao longo do ano.

    Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto connosco polos seguintes medios:
    Para facer a vosa inscrición podedes pasar polo Merlego (Rúa da Angustia 22, Santiago de Compostela) ou ben cubrir o seguinte formulario online e facernos chegar o xustificante bancario do ingreso ou transferencia. Non olvidedes poñer o voso nome no concepto. 


Read more ...

I Romaría Celtista (Compostela 13 de Xuño)

Por fin o podemos anunciar, Merlegos Celestes organizará unha Romería Celtista o día 13 de Xuño á que invitamos a tódolos peñistas, socios e afeccionados en xeral do Celta que queiran asistir.

Organizámola tamen coa ilusión de que sexa a primeira de moitas que se celebren por toda a xeografía galega nos vindeiros anos.

O programa é o seguinte:

- 11.30 Encontro dos asistentes na emblemática praza da Quintana cun pequeno acto de benvida.

- 12.30 Sesión vermú amenizada polos Bertolini no campo da Angustia, xusto diante da nosa sede, a cervexería Merlego (Rúa da Angustia 22)
 


- 14.30 Xantar no campo da Almáciga. O menú consta de:
    Empanada
    Pulpo
    Churrasco
    Postre
    Bebida, café e chupitos incluídos.
    Prezo: 20€ adultos / 10€ nenos ata 12 anos.

- 17.30 Concerto dos "The Fabulous Resaca Brothers"

E de aí para adiante ata onde queiramos/poidamos, haberá máis música, cantina para que se hidraten os maiores e animadores para que xoguen os pequenos.
Para aqueles que queiran aproveitar e quedar a disfrutar do finde en Compostela conseguimos descontos nun par de hoteis da cidade.
www.campanasdesanjuan.com
www.compostelawelcome.com

Para máis información sobre isto, indicacións sobre como chegar, onde aparcar, calquera cousa que necesitedes para organizarvos, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.
Podedes facelo no noso correo electrónico:
merlegoscelestes2012@gmail.com
Ou nos teléfonos:
610213204
656985688
634611490
 
Cartaz da I Romaría Celtista

Read more ...

Estreamos o dominio www.merlegoscelestes.gal


Hoxe iniciamos unha nova etapa para Merlegos Celestes na rede. Á espera de ter dispoñible a nosa nova páxina web, que incluirá unha tenda online, estreamos o noso dominio www.merlegoscelestes.gal apuntando ao noso vello blog.

Ainda que caera en desuso, a idea é darlle novo pulo ata poder presentar a nova web. Así que a partir de agora, se queres estar ao tanto das novas da nosa peña, este é o teu sitio.

Ademáis podes seguir en contacto con nós coma sempre a través das redes sociais:

http://www.facebook.com/penha.merlegos.celestes

http://twitter.com/merlegosceleste

E tamén podes escribirnos a:

merlegoscelestes2012@gmail.com

Agardamos seguir presentando novedades axiña.
Read more ...