Sorteo para o partido Celta - Sevilla


Hoxe celebramos o sorteo dos carnés da Peña para poder ir ao partido do vindeiro venres do Celta de Vigo frente ao Sevilla.

Os gañadores son:
  • Socio nº 12: D. JAIME RIVERA.
  • Socio nº 37: D. LUIS VAZQUEZ.
  • Socio nº 43: D. FERNANDO MORIGOSA.
  • Socio nº 51: D. SERGIO LODEIROS.
Rogamos confirmedes a vosa asistencia o partido antes do vindeiro Martes 2 de Outubro. Se queda algun Carné libre a Peña disporá del.
Read more ...

Café e croissant - Crónica do Granada 2 vs Celta 1

UN CAFE SÓ POR FAVOR........... PARA DESPERTAR


Domingo pola mañán, entre cafés, croasans, bolos e cachos de biscoito, chegaba o momento do pitido inicial. Pronto nos poidemos decatar de que algúns dos xogadores do Celta parecía non darse de conta de que si, que eran as doce da mañana dun domingo e que había que Xogar un partido correspondente á Liga.
O primeiro en darse de conta foi Bellvis, que despois dunha entrada ao bulto dentro da área a Torje, veu como o arbitro sinalaba o punto de penalti. Non empezaban ben as cousas para o Celta, o Granada puñase por diante, pero nos seguíamos a pedir cafes, alguns, xa un pouco máis despertos xa empezaban cas primeiras consumicións habituais.
De pronto, nun ataque ben levado por Siqueira , éste da un pase ó centro da área e Torque márcalle o segundo ó Celta.  Parecía como si a liña defensiva do Celta ainda estivese na cafetería do Hotel e seguirá pedindo café e zume de Laranxa.
Co 2-0 foi o Granada o que tirou de freno de man e púxose a descansar. Fruto delo chegou no minuto 20 o gol de Iago Aspas. Ese gol e vendo a situación de perdida de control por parte dos xogadores  granadinos inducíronos a pensar que o empate estaba máis cerca que lonxe.
Unha defensa sefardí que daba a impresión de que non sabían o que era defender deixaba que os xogadores do Celta chegaran uha tras outra á meta de Toño, o cal demostrou o seu bo facer coma porteiro. Durante 60 minutos e dando como resultado unhas estadísticas de escandalo en canto a tiros a porta se refire o Celta chegaba a portería contraria unha e outra vez pero non daba metido o balón dentro da portería.
En vista deso, o entrenador do equipo andaluz fixo os  cambios oportunos reorganizando o equipo e provocando que a liña defensiva se compactase disminuindo dende eses intres o perigro céltico ainda que se seguía chegando á meta defendida por Toño.
En resumo, 20 primeiros minutos de cafetería por parte da defensa celtica e 90 minutos de falta de pegada por parte da dianteira do Celta deron coma resultado que os tres puntos se quedaran no estadio dos cármenes.
Algo haberá que reflexionar, posto que así non se pode seguir remando. Non se poden seguir dando posibilidades na defensa, a liga xa leva mes e medio en camiño e se nos poñemos a recordar, os  goles que nos meteron foron productos de claros desordes defensivos e de nomes en concreto que en momentos dados do partidos parecen atravesar por páxaras que dan coma fruto eses fracasos defensivos.
Por outra parte queda demostrado que á dianteira fáltalle pegada, que dominamos de medio campo para adiante pero non temos esa chispa de “killer” para conquerir meter a pelota dentro da portería.
O Celta, se os partidos se puntuasen por “puntos” (coma no boxeo) en vez de por goles, a día de hoxe ben poidera estar de media taboa para arriba na liga, pero no futbol o que conta son os goles, non o dominio do balón, e en cuestión de efectividade fallamos máis ca unha escopeta de feira.
Moito hai que cambiar se é que o ano que ven queremos seguir estando en primeira. Imos tendo a sorte de que os outros equipos non están a puntuar polo que non hai ainda diferencias de puntos na clasificación xeral pero hai partidos, coma é o caso do de hoxe, que os puntos que deixemos escapar ó final botarémolos de menos. Ainda estamos a tempo de REACCIONAR, pero por si as moscas, pidamos UN CAFÉ SÓ POR FAVOR………. PARA DESPERTAR.
Read more ...

Previa Granada - Celta de Vigo

A quen madruga, Deus o axuda

Por PIPO RABANAL. 

    A todo o mundo lle gusta poder quedar máis tempo na cama a durmir, sobretodo cando empeza a enfriar o tempo e coa calor que fai debaixo das mantas un pensa que o Caribe non debe ser moi distinto a iso. Os domingos e cando podese durmir máis do normal salvo que un veciño desaprensivo ande coas ferramentas a facer algunha chapuza no seu día libre; ou unha nai desconsiderada que pensa que o sonido da aspiradora debe ser música celestial para as resacas; ou se houbo sorte e durmes acompañado (se queres que che diga algun truco para ligar, pagame un bocata no Merlego) podes despertar polos rodillazos e as patadas que che estan a dar. E falando de patadas e de madrugar, este domingo as doce da maña hai partido do Celta.


    E que a quen madruga deus o axuda, pero o motivo de que o Celta xogue a esa hora tan tempraneira pode deberse ó seu dianteiro coreano Park, xa que a Liga leva tempo buscando facerse un hoco no mercado Oriental. Tanto e así que a Liga prentende que se xogue a Supercopa en Xapón (o Barcelona e o Madrid non queren ir ali, pero 30 millons de euros din o contrario).


    E merece a pena madrugar en domingo? Polo Celta, ¡sempre! E con mais motivo neste partido contra o Granada, xa que é un encontro con moito trasfondo. Isto é así dende a eliminatoria polo ascenso de fai dous anos que rematóu cun ambiente moi caldeado, Tanto e asi que dous anos despois Roberto Lago esta seguro de que “el ambiente no sera normal en los Carmenes” . Agora volven a enfrontarse e alguns xogadores teran contas que saldar, esta claro cando escoitas a Hugo Mallo dicindo "Yo veo al Granada por televisión y, por dentro, me da rabia. Veo a los jugadores que estuvieron en aquel partido y me cago en todo…”. Queda claro que non vai ser un partido normal nin para os xogadores nin para os aficionados.


    Para este partido Herrera convocóu a Toni e Tuñez, que arrastraban molestias. Os que non viaxan a Granada son De Lucas e Joan Tomas. Agora soamente falta ir ó Merlego para velo partido e animar todos xuntos.

Read more ...

Lotería Merlega Celeste

XA TEMOS O NUMERO DOS MERLEGOS CELESTES
  
Xa temos en fase de producción a loteria de Nadal dos Merlegos Celestes. As participacións son de 5 € dos cales 4 € xóganse ao numero de Lotería e 1 € xógase co número da participación que coincida cos 3 ultimos numeros do Premio Gordo. Este regalo está composto por 1 CAIXA SURTIDA DE CERVEXAS ARTESÁS, 1 CAIXA SURTIDA DE LICORES e un PACK de PRODUCTOS OFICIAIS do R.C.C.V. composto de BOLSA DE DEPORTES, POLO, SUDADEIRA, CHUBASQUEIRO, MOCHILA, PARAUGAS e CONTO DO ASCENSO.
Read more ...

Videos da viaxe Merlega a Balaídos

Por onde pasamos....... ARRASAMOS 

video  video  video
Read more ...

Bus Celta -Sevilla

Xa estamos preparando a viaxe para o partido do vindeiro Venres 5 de Outubro en Balaídos que enfrontará ao R.C. Celta de Vigo e ao Sevilla. Se estás interesad@ en ir contacta connosco e APÚNTATE.

Read more ...

Bufanda Peña Merlegos Celestes

BUFANDA DA PEÑA MERLEGOS CELESTES
MERLEGUINHO



Por fin!! Xa estamos traballando no tema e próximamente poderemos tocar, apalpar, sobar e sobre todo poñer a nosa bufanda.

A mesma xa esta no "departamento" de produción. Vanse facer un número tal que os soci@s da peña témola garantida, e haberá tamén para os demais siareir@s merlegos podédesnos ir facendo a correspondente reserva ou indicación de que a queredes. Segun a demanda iranse facendo máis.


Read more ...

Crónica e fotos do Celta 2 - Xetafe 1

17.315 espectadores poideron disfrutar do gran partido xogado polo Celta de Vigo diante dun Xetafe que en nada se parecía ao que lle plantou cara e lle gañou ao Real Madrid ou ao que lle puxo moi dificil a victoría ao F.C. Barcelona.



Un gran Park Chu Young (Merlechin, alcume cariñoso e máis doado de dicir) estreouse neste partido, sendo o primeir xogador Surcoreano que marca na Liga Española.

Cabe destacar tamén a gran laboura ofensiva doutra das fichases, o danés Krohn Dehli, o cal nun dos contragolpes dou o ultimo pase a Augusto Fernandez para que éste puxera o 1-0 no marcador.




Pola contra destacar a pésima actuacion do "trencilla" Teixeira Vitienes, (o mayor dos dous irmáns, para colmo hai que aguantar aos dous na liga) un dos peores arbitros da liga de futbol "profesional" o cal expulsou ao entrenador do Celta de Vigo por facerlle observacións pero sen embargo si permitiú o xogo duro e as agresions que facian os xogadores do Xetafe.


Este foi o primeiro partido desta tempada ao que os Merlegos Celestes íamos en autobús xunto coa peña Celtista do Milladoiro despois de manter negociacións con empresas de autobus, unha vez obtivemos resposta negativa á promesa que nos fixera o Celta de Vigo de facilitarnos un Autobus para ir aos partidos en Balaidos. Esperamos poder ir desta maneira a todolos partidos que se disputen en Vigo.
Read more ...

Bus para o Celta - Xetafe

POR FIN...... despois de duras negociacións xa temos un principio de acordo para poder ir en bus aos partidos de Balaidos. Neste caso é un pouco apresurado xa que estamos a martes e o tempo apremia xa que o partido é o Sábado, por todo eso ROGÁMOSCHE A TÚA COLABORACIÓN xa que necesitamos SABER SEN FALTA ANTES DE MAÑAN Á TARDE/NOITE se podemos contar contigo.

Hai para cubrir 55 prazas as cales cubriremos en compaña da Peña Celtista do Milladoiro. O prezo rondará entre os 7 e os 9 €/persoa, cantos mais vaiamos menos custa.

Do resultado desta experiencia en canto a organización e número de xente que veña, dependerá que ao final haxa autobús ou non para ir a Balaidos.

Entendemos que o preció e razoable (9 € seria se o autobús fose cun 70 % de ocupacion).

Confírmanos mediante facebook, twiter ou mail a tua presenza.

Graciñas pola vosa colaboración.

Read more ...

Notición Merlego



Por XENTILEZA de Cervexería Merlego vos comunicamos que os SOCI@S da PEÑA MERLEGOS CELESTES estamos de NORABOA , posto que nos días que xogue o Celta, DURANTE TODA A XORNADA, teremos descontos na Cervexa (ESTRELLA GALICIA) e nos Refrescos que consumamos, con só presentar o teu D.N.I. ou o teu carné de Soci@ da PEÑA.

E non te esquezas, para ter dereito aos descontos tamen tes que traer algo relacionado co celta, camisola, bufanda ou camisola da peña.

AGRÉGATE.........



Read more ...

Bus para o Celta - Xetafe

Estamos en intensas negociacións coas peñas da Ruta  Norte con fin de contratar os servizos de bus para os partidos do Celta en Balaidos, despois de que o Clube nos dixera que NON NOS PON BUS.

NECESITAMOS que antes da XUNTANZA do vindeiro Sabado, os PEÑISTAS que queirades ter praza no Autobús, nos comuniquedes a vosa reserva. 

Xa que as outras peñas tamén demandarán asientos é URXENTE que nos digades se queredes ASISTIR A TODOS ou a algúns partidos (terán preferencia os que vaian a todos), máis tamen nos gustaria saber que tope estaríades dispostos a abonar por cada viaxe.

Esperando contar coa túa resposta recibe un cordial saudo.

SE NOS UNIMOS E APORTAMOS OS DATOS NECESARIOS PARA O BUS É MÁIS DOADO ACADAR OS OBXECTIVOS

Ponte en contacto con nós en merlegoscelestes2012@gmail.com, Facebook ou Twitter.


Read more ...

Reunión de soci@s da Peña


O vindeiro sábado ás 16:00 h. terá lugar a xuntanza d@s soci@s da peña na Cervexería Merlego.

A orde do día enviousevos por mail. Se non che chegou ou non nos facilitaches o teu mail, remítenos un mail á nosa dirección merlegoscelestes2012@gmail.com e che respostaremos.

Non esquezades confirmar a vosa asistencia co fin de poder organizar a xuntanza.

Por suposto que despois veremos o Valencia-Celta...ainda que a reunión non rematase.....xa que o partido é o partido..........

Saudos.
Read more ...

Fotos Celta de Vigo 2 - Osasuna 0

A PRIMEIRA VICTORIA DA TEMPADA.
Read more ...