Café e croissant - Crónica do Granada 2 vs Celta 1

UN CAFE SÓ POR FAVOR........... PARA DESPERTAR


Domingo pola mañán, entre cafés, croasans, bolos e cachos de biscoito, chegaba o momento do pitido inicial. Pronto nos poidemos decatar de que algúns dos xogadores do Celta parecía non darse de conta de que si, que eran as doce da mañana dun domingo e que había que Xogar un partido correspondente á Liga.
O primeiro en darse de conta foi Bellvis, que despois dunha entrada ao bulto dentro da área a Torje, veu como o arbitro sinalaba o punto de penalti. Non empezaban ben as cousas para o Celta, o Granada puñase por diante, pero nos seguíamos a pedir cafes, alguns, xa un pouco máis despertos xa empezaban cas primeiras consumicións habituais.
De pronto, nun ataque ben levado por Siqueira , éste da un pase ó centro da área e Torque márcalle o segundo ó Celta.  Parecía como si a liña defensiva do Celta ainda estivese na cafetería do Hotel e seguirá pedindo café e zume de Laranxa.
Co 2-0 foi o Granada o que tirou de freno de man e púxose a descansar. Fruto delo chegou no minuto 20 o gol de Iago Aspas. Ese gol e vendo a situación de perdida de control por parte dos xogadores  granadinos inducíronos a pensar que o empate estaba máis cerca que lonxe.
Unha defensa sefardí que daba a impresión de que non sabían o que era defender deixaba que os xogadores do Celta chegaran uha tras outra á meta de Toño, o cal demostrou o seu bo facer coma porteiro. Durante 60 minutos e dando como resultado unhas estadísticas de escandalo en canto a tiros a porta se refire o Celta chegaba a portería contraria unha e outra vez pero non daba metido o balón dentro da portería.
En vista deso, o entrenador do equipo andaluz fixo os  cambios oportunos reorganizando o equipo e provocando que a liña defensiva se compactase disminuindo dende eses intres o perigro céltico ainda que se seguía chegando á meta defendida por Toño.
En resumo, 20 primeiros minutos de cafetería por parte da defensa celtica e 90 minutos de falta de pegada por parte da dianteira do Celta deron coma resultado que os tres puntos se quedaran no estadio dos cármenes.
Algo haberá que reflexionar, posto que así non se pode seguir remando. Non se poden seguir dando posibilidades na defensa, a liga xa leva mes e medio en camiño e se nos poñemos a recordar, os  goles que nos meteron foron productos de claros desordes defensivos e de nomes en concreto que en momentos dados do partidos parecen atravesar por páxaras que dan coma fruto eses fracasos defensivos.
Por outra parte queda demostrado que á dianteira fáltalle pegada, que dominamos de medio campo para adiante pero non temos esa chispa de “killer” para conquerir meter a pelota dentro da portería.
O Celta, se os partidos se puntuasen por “puntos” (coma no boxeo) en vez de por goles, a día de hoxe ben poidera estar de media taboa para arriba na liga, pero no futbol o que conta son os goles, non o dominio do balón, e en cuestión de efectividade fallamos máis ca unha escopeta de feira.
Moito hai que cambiar se é que o ano que ven queremos seguir estando en primeira. Imos tendo a sorte de que os outros equipos non están a puntuar polo que non hai ainda diferencias de puntos na clasificación xeral pero hai partidos, coma é o caso do de hoxe, que os puntos que deixemos escapar ó final botarémolos de menos. Ainda estamos a tempo de REACCIONAR, pero por si as moscas, pidamos UN CAFÉ SÓ POR FAVOR………. PARA DESPERTAR.

Ningún comentario:

Publicar un comentario