Campaña de recollida de alimentos xunto ás peñas celtistas Milladoiro e Norte Celeste

Acabando o Nadal, a un grupo de peñistas ocurreuselles que, ante os difíciles tempos nos que vivimos, poderíamos ter organizado unha recollida de alimentos para aportar a nosa axuda ás persoas necesitadas. Pensamos que igual xa pasaran as datas máis axeitadas, pero decidimos que non, que iamos levar a cabo a nosa campaña durante todo o mes de Xaneiro, en primeiro lugar para cumplir coa nosa vontade de colaborar e en segundo lugar para chamar a atención sobre que o esforzo e a solidariedade de todos ten que continuar ao longo de todo o ano e non limitarse ás festas de Nadal.

Por todo isto, as peñas celtistas Merlegos Celestes, Milladoiro e Norte Celeste,que gardamos xa unha estreita relación porque compartimos desprazamento a Balaídos, decidimos unir esforzos unha vez máis para levar adiante esta iniciativa. Durante todo o mes de Xaneiro, aproveitamos os nosos desprazamentos en bus a Balaídos e os espazos habilitados na cervexería Merlego de Santiago de Compostela e na Casa da cultura de Milladoiro para ir recollendo doazóns tanto de peñistas coma de non peñistas que quixeron participar.

Finalmente, o venres 31 rematamos a campaña e fixemos entrega de 367 kilos de alimentos na delegación de Santiago do Banco de Alimentos. Queremos agredecerlles aos seus responsables a súa amabilidade e que nos ensinaran as súas instalacións e a súa forma de traballar. Axudounos a valorar como se merece o gran traballo que fan e a súa importancia.

Por suposto queremos tamen agradecer as súas doazóns a todos aqueles que colaboraron nesta campaña e que conseguiron que superáramos as nosas expectativas. E xa de paso queremos animar a outras peñas a que leven a cabo iniciativas similares nas súas zonas. Hai que intentar manter o esforzo solidario todo o ano. 

Moitas grazas a todos! Un saúdo.


Read more ...

I Encontro peñas celtistas no Camiño

O vindeiro Sábado 10 de Agosto un grupo de membros de peñas celtistas chegarán a Compostela en peregrinaxe, cumplindo así a promesa que fixeron no seu día se o Celta mantiña a categoría. 

Aproveitando dita ocasión, dende Merlegos Celestes decidimos organizar unha festa de benvida para estes camiñantes, cuns pinchos para recuperar forzas, música de gaiteiros e sobre todo a intención de pasar unha tarde divertida e relacionarnos con outras peñas.

Dende a nosa peña queremos convidar así mesmo a calquera peñista do Celta de Vigo que queira achegarse á nosa cidade e compartir a tarde con nós. Así que animámosvos a vir.

O encontro terá lugar no Campo da Angustia, no barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela Mapa. A hora ainda está por determinar pero estimamos que será sobre as 5-6 da tarde.

Read more ...

#PortoCeleste

Onte, 28 de Xullo de 2013, o Celta disputou un partido amigable de pretempada contra o Porto no Estadio do Dragao. Foi grande o desprazamento de siareiros á cidade portuguesa para ver por primeira vez aos nosos. E por suposto alguns dos nosos peñistas tamén estiveron alí. Aquí vos deixamos un enlace ao noso album de fotos deste día na nosa páxina de facebook.

Día de festa celtista pero non esquecemos.

Read more ...

Merlegos Celestes coas vítimas do accidente de tren en Compostela

Dende Merlegos Celestes queremos amosar o noso profundo pesar polas vítimas mortais do accidente de tren que aconteceu onte na nosa cidade e o noso apoio aos seus familiares e achegados, asi como desexarlle a tódolos feridos unha pronta e completa recuperación.


Read more ...

Cotas para a tempada 2013/2014


Logo da xuntanza de socios da peña que tivo lugar o sábado 15 de Xuño acordáronse os prezos para a vindeira tempada. Mantense a cota de 20 euros para os adultos, que deberán formalizar a renovación antes do 10 de Agosto. Asi mesmo, creáse unha nova categoría xuvenil, dende os 6 ate os 18 anos, cunha cota de 10 euros. Os nenos menores de 6 anos poderán facerse socios de balde.

Os socios terán dereito a varias vantaxes, tales coma descontos nas viaxes para asistir aos partidos, no merchandising da peña, en entradas para Balaídos e outras vantaxes máis que iremos anunciando ao longo da tempada.

Faite socio e ven a disfrutar, sufrir e apaixonarte polo Celta xunto a nós!
Read more ...