Despois de 576 minutos de liga e dous partidos amistosos, ou tamen despois de case 5 meses, por fin o Celta era capaz de reventar a porteria de marcador. Tal feito cáseque destacable coma historico, por que dita maldicion xa empezaba a pesar nos animos dos siareiros de dito fondo -os cales moitos deles xa ameazaban de acudir o vindeiro partido rodeados de allos e outros amuletos- prodúxose no minuto 36 da primeira parte cando De Lucas aproveitando un pase de Iago Aspas reventa dun zurdado a malla de dita porteria baixo a cara aparvada de Munua.
Por desgraza e caendo coma unha losa, nese mesmo arco, cando o partido daba os seus ultimos latexos, o Levante empatou o mesmo cun gol de Roger nunha xogada defensiva das cales nos ten acostumada a defensa celeste.
Un punto, que polo menos vai engoordando o casilleiro e que a final de tempada da que pensar qu epode saber a Gloria.
Munúa vendo como o balón entra na portería de marcador |
Ningún comentario:
Publicar un comentario