Trofeo cidade de Vigo 2012 Celta vs Atlético de Madrid

Presentacion do Celta de Vigo en Balaidos ante o Atletico de Madrid no Trofeo Cidade deVigo. Partido de presentación ante a afección . Botouse en falla mais siareiros tanto en Tribuna coma en Preferente pero xa se sabe, as vacacións...... eso si, Marcador, estaba completo e sobre todo con ganas de festa.

Do partido, a verdade, hai pouco que contar. Un siareiro defineuno desta maneira "Se o estou vendo pola televisión, cambio de canal....", creo que con esa frase xa o dixo todo. A verdade e que por moito que se empeñe a prensa en decir que todo marcha ben, o partido foi deses que invita a botar unha siesta. O Atletico a verdade e que debeu de vir a Vigo a comer marisco, porque o que se di xogar...... pois coma que non xogou moito, eso si leña deron unha pouca e alguns dos xogadores do Celta vaille o barullo algo do que se teñen que afastar porque durante a liga, os cartons voan e pprovocan que o seguinte partido o vexas desde a casa co daño que lle fas ao equipo. Polo demáis ganou o Celta 1-0, gol de Mario Bermejo a quince minutos do final, despois de que o Celta fixera un cambio de media ducia de homes e cun Atletico de Madrid que deambulaba polo campo.

    



    
Vas ti ou vou eu? / Aqui non pasa ninguén.
FUTBOL OU BALONCESTO?...
Estou aqui eh......¡¡¡¡¡¡¡


1 comentario: