Calendarios Tempada 2012/2013

E si este ano nos clasificamos para a...


Read more ...

O GRAN DIA

E chegou........ O GRAN DIA.

Xogamos co Cordoba un encontro que deu moito que falar xa que de antemá tod@s sabiamos o resultado. Empate, e tod@s contentos.

Foi un partido que pasará sen pena nin gloria xa que futbol haber non houbo. Foron 90 minutos para sobre todo disfrutar vendo a ledicia nas caras dos siareir@s esperando a que o arbitro pitase o final.

As 21:25 do dia 03/06/2012 o arbitro pitaba o final en Balaidos e o Celta de Vigo voltaba a 1ª Division.

Do resto, só as imaxes e os videos poden dar fé................




    

    

A policía uniuse á nosa festa.
O prometido era débeda, cervexa para tod@s.



Read more ...

A un paso do ascenso

Se hai un partido que nos puxo a tod@s con máis esperanzas no ascenso, ese foi o derbi que xogou o Celta con Deportivo o 15 de abril de 2012 en Balaidos.

Ese encontro fíxonos ver  que o Celtiña estaba ben arroupado polos seus siareiros e que pese as dificultades, nunca camiñaria só.

A partir de ahí foi unha marcha atras cara o ascenso, dia tras dia comentario tras comentario, partido tras partido, facendo números, partidos que poderia gañar, empatar ou perder e sobre todo facendo contas dos puntos que o Valladolid poidera facer, xa que a empate de puntos, o Celta estaria por diante na clasificación.

Na penúltima xornada o Valladolid empatou contra todo pronóstico frente ao Alcorcón poñéndonos a falta dunha xornada con dous puntos de avantaxe.

Estaba o ascenso a TIRO DE PEDRA......
Read more ...

Camiño do ascenso

Dende principios da tempada 2011/2012 o ascenso a 1ª división do Celta de Vigo foi un dos soños da peña. Froito desa ilusión foi unha forte aposta que se fixo e que era que si se lograba o ascenso, a Cervexeria Merlego convidaria a todos os asistentes no partido que o Celta de Vigo conquerise o ascenso a cerveixa hasta que se esgotaran os barrís.


Nin que decir ten que dita aposta foi obxeto de todo tipo de bromas e comentarios tanto por parte dos clientes da cervexeria como por parte de afeccionados aos cales lles chegaba aos seus oidos dita nova e que non daban crédito a tal aposta.

Read more ...

Historia da peña


A peña Merlegos Celestes nace en setembro do 2010 froito da xuntanza dun grupo de moz@s simpatizantes do Celta de Vigo que viñan a ver os partidos á Cervexeria Merlego sita no nº 22 da compostelana rúa da Angustia.

Co tempo ditas xuntanzas decidíronse formalizar e con elo crear a Peña MERLEGOS CELESTES sendo rexistrada no rexistro xeral con data 5 de abril do 2011 pasando a formar parte da Federación de Peñas do Celta de Vigo en Febreiro do 2012.


O 6 de Marzo do 2012 foi o Gran Dia da Peña xa que nesa data tivo lugar a INAUGURACIÓN OFICIAL da peña, no local social da mesma, asistindo por parte dO Real Club Celta de Vigo o Delegado do clube Vlado Gudel e os xogadores Sergio, Alex e Toni.






Read more ...